noticias

 Dise das espigas do escudo que en tempos do rei Alfonso II o Casto (c.760-842) o conde realizou unha fazaña que salvou a cidade de Lugo, asediada polos mouros que trataban rendela por fame. O conde aproveitou a escuridade da noite para saír da cidade e recoller un mangado de espigas que nese momento estaban en sazón.

Leer más...

Segundo nos informa Carlos Vázquez o primeiro texto no que aparece o nome de Pallares foi no discutible Concilio Lucense de 569 cando se realiza por orde do rei suevo Teodomiro a división da diocese lucense en once condados. Será precisamente o

Leer más...

 O Camiño francés articúlase en varias etapas determinadas polas xornadas dos camiñantes, un das mellor definidas é Portomarín - Pas de Rei. O castro de Castromaior está situado sobre unha elevación que domina parte desa etapa.

Leer más...

As terras de Pallares...

...constitúen un formidable conxunto arqueolóxico caracterizado pola variedade, cantidade e calidade dos seus restos. Noventa e cinco castros, tres vías romanas e duas mansións viarias, dez exemplares epigráficos, dous camiños de Santiago... e poderíamos continuar durante longo tempo. Pero ademais ofrece senlleiros exemplos de moitos deles que non podemos deixar de visitar.

Por exemplo temos o recinto castrexo de Castromaior en Portomarín, parcialmente escavado, que amosa unha rica estrutura defensiva e un bon conxunto de vivendas e que ademais esta xusto a carón do camiño de Santiago. E si queremos facer unha boa andaina o mellor e subir a via romana dos cóbados de Belesar en Chantada onde atoparemos a mellor calzada de todo o norte de Gallaecia e non nos cansaremos moito xa que so son 1,8 km. Outra opción de camiñata é polo Camiño Primitivo o seu paso por San Román da Retorta en Guntín e asi de paso veremos a réplica dun miliario romano de Calígula ademais dunha fermosa paisaxe na antiga mansión de Marcie. E un pouco cara ao leste, nos castros do Monte do Picato en Guntín, temos o que poderia ter sido un santuario á deusa indíxena Navia, a xulgar polo conxunto de dedicatorias atopadas na zona.

O Museo Provincial de Lugo tamén é testemuña da importancia histórica e arqueolóxica da zona gardando moitos tesouros dela como os restos do importante asentamento romano de Aqua Quintina, tamén en Chantada. 

E si o que queremos é festa, pois tamén a temos, basta con acudir ao castro de Castelo en Taboada o 7 de setembro e teremos a “queima das fachas”, onde arderán unhas enormes fachas ou antochas de 8 metros que bordean o perímetro do recinto á entrada da noite.

Toda esta riqueza arqueolóxica esta moi ben acompañada pola beleza paisaxística contando ademais co espectacular entorno da Ribeira Sacra e a calidade dos seus viños.