noticias

 Dise das espigas do escudo que en tempos do rei Alfonso II o Casto (c.760-842) o conde realizou unha fazaña que salvou a cidade de Lugo, asediada polos mouros que trataban rendela por fame. O conde aproveitou a escuridade da noite para saír da cidade e recoller un mangado de espigas que nese momento estaban en sazón.

Leer más...

Segundo nos informa Carlos Vázquez o primeiro texto no que aparece o nome de Pallares foi no discutible Concilio Lucense de 569 cando se realiza por orde do rei suevo Teodomiro a división da diocese lucense en once condados. Será precisamente o

Leer más...

 O Camiño francés articúlase en varias etapas determinadas polas xornadas dos camiñantes, un das mellor definidas é Portomarín - Pas de Rei. O castro de Castromaior está situado sobre unha elevación que domina parte desa etapa.

Leer más...

camino santiago

 O Camiño francés articúlase en varias etapas determinadas polas xornadas dos camiñantes, un das mellor definidas é Portomarín - Pas de Rei. O castro de Castromaior está situado sobre unha elevación que domina parte desa etapa.

A visita ao depósito arqueolóxico non supón ningún rodeo nin desvío do peregrino no seu camiño posto que o trazado orixinal pasa por un dos fosos norte do complexo defensivo do poboado castreño como vemos na imaxe. A posibilidade da visita ao castro durante o percorrido do Camiño fai que este conxunto arqueolóxico adquira unha dimensión máis alá dun simple punto de parada en peregrinar cara a Santiago. Castromaior é un recurso patrimonial de primeira orde que sen dúbida, nos ampla e aproxima ao coñecemento do noso pasado, punto de referencia dos camiñantes na súa viaxe, de marcado carácter histórico e cultural ademais de relixioso e espiritual.