noticias

 Dise das espigas do escudo que en tempos do rei Alfonso II o Casto (c.760-842) o conde realizou unha fazaña que salvou a cidade de Lugo, asediada polos mouros que trataban rendela por fame. O conde aproveitou a escuridade da noite para saír da cidade e recoller un mangado de espigas que nese momento estaban en sazón.

Leer más...

Segundo nos informa Carlos Vázquez o primeiro texto no que aparece o nome de Pallares foi no discutible Concilio Lucense de 569 cando se realiza por orde do rei suevo Teodomiro a división da diocese lucense en once condados. Será precisamente o

Leer más...

 O Camiño francés articúlase en varias etapas determinadas polas xornadas dos camiñantes, un das mellor definidas é Portomarín - Pas de Rei. O castro de Castromaior está situado sobre unha elevación que domina parte desa etapa.

Leer más...

O Condado de Pallares

Segundo nos informa Carlos Vázquez o primeiro texto no que aparece o nome de Pallares foi no discutible Concilio Lucense de 569 cando se realiza por orde do rei suevo Teodomiro a división da diocese lucense en once condados. Será precisamente o

fillo deste monarca quen determinará os seus límites no Concilio de Braga do ano 572. Aínda que a localización dalgúns topónimos é difícil na actualidade, Carlos Vázquez establece os seus límites do seguinte xeito: “O límite norte debía corresponderse, aproximadamente, co río Vilamoure, entre as parroquias de Coeses e Ribas de Miño, para prolongarse ata o Monte de Meda (O Picato). Dende aquí, pola parte oeste, seguía unha liña recta que, despois de cruzar o río Ferreira, continuaba polo castro de Nespereira ata chegar ó Monte Faro (antigo Navego). O límite sur constituíao o río Búbal ata a súa confluencia co Miño. A parte leste estaba acoutada polo río Miño ata a súa unión co Sil. Este longo territorio coincidiría, xa que logo, coa meirande parte dos actuais concellos de Guntín de Pallares, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo”.

Outros documentos onde aparece reflectido este condado, ben sexa dunha maneira directo ou indirecta, son o tamén discutido Testamento do Bispo Odoario do ano 747 e varios documentos do Mosteiro de Ferreira de Pallares que, segundo Carlos Vázquez, confirman a localización deste condado.

O autor vai mais aló e grazas á escritura de doazón que Xoán Diéguez e Mariña Luces outorgan á Catedral de Lugo en 1119 da súa porción na igrexa de Santa María de Pallares logra establecer que foi precisamente a zona da actual parroquia de Mosteiro en Guntín estaría o primitivo Condado de Pallares e que logo lle daría nome a un extenso territorio que hoxe en día distribúese en cinco concellos.