Aqua Quintina

O xacemento de Quintá de Agrade (Chantada) presenta toda unha serie de trazos, tanto construtivos como de localización, que o configuran como unha entidade moi relevante na zona, de época tardía entorno aos séculos III e IV d.c.

Na época romana chamábase Aqua Quintina e foi unha encrucilladas de camiños: do que ía de Lugo cara a Braga polo campamento romano de Aquis Querquennis e do que desde aqui partía cara Montefurado (Quiroga) polos cóbados de Belesar. 

As xentes que o habitaron dedicábanse a agricultura e ganderia pero ademais tiñan unha mansio, é dicir un pequeno hotel, para atender a os viaxeiros e as súas monturas. Na escavación que se desenvolveu en 1993 apareceron moitísimas moedas, case 2500, grandes pucheiros para facer comida para moitos e gran cantidade de material de cociña. Pero ademais, tamén apareceu unha dedicatoria aos deuses dos camiños romanos: os Lares Viais, seguro que moitos viaxeiros se encomendaban a eles antes de seguir viaxe.

Un pouco mais ao sur sitúase o castro de Esmoriz, onde apareceu un torques fai uns anos que non se atopa no Museo Provincial de Lugo como aparece citado nalgunhas fontes senón que foi vendido en dúas metades a un anticuario. Lamentablemente este xacemento é moi dificil de visitar a día de hoxe debido á vexetación que o cubre.

E un pouco mais ao sur pero sempre pegado ao camiño, temos outro xacemento romano: o de Rairo onde tamén apareceron varios muíños, un antigo muro e un pondus (peso dunha báscula romana).

Algúns dos materiais atopados no xacemento son os seguintes:

 

Nº Referencia: QAC1

OLA de borde en L e asas de perfil acodado.

Pasta ocre manchada de negro por cocción

defectuosa.

Cronoloxía: II-IV d.c.

Depósito: MPL

 

Nº Referencia: QAC3

Xerra negra con boca trilobulada e pequena basecon asa

aplanada. Pasta gris de gran fino, aínda que presenta de vez en

cando grans grosos de cuarzo. 

Cronoloxía: II-IV d.c

Depósito: MPL

Nº Referencia: QAV1.

Doa de vidro. Metade dunha doa polícroma de forma esférica.

Presenta un fondo de cor verde grazas ao mesturar cobre con ferro.

Consérvanse perfectamente tres círculos azuis con borde branco.

Cronoloxía: IV d.c

Depósito: MPL

Nº Referencia: QAV8.

Fondo cilíndrico macizo de vidro transparente con poucas

burbullas e de base inestable cun curvatura.

Cronoloxía: II-IV d.c

Depósito: MPL

Nº Referencia: QAC8.

Lucerna con asa de pasta vermella decorada con motivos vexetais

Cronoloxía: III-IV d.c

Depósito: MPL

Nº Referencia: QAMC2.

Canle de condución de augas feito nunha peza de granito.

Cronoloxía: III-IV d.c

Depósito: MPL