Anepígrafe. S. Eulalia de Adá

Anepígrafe

 

Dobre banda con campo epigráfico non escrito que ten unhas dimensións de 19.5x19x12.

Está moi erosionada na súa parte superior presentando unha rotura que afecta á esquina esquerda.

Foi descuberta en 1975 na igrexa de Sta. Eulalia de Adá (Chantada).

Na provincia de Lugo coñécense tres soportes escriptorios que non chegaron a ser utilizados procedentes de distintas zonas, concretamente de Castillós, unha zona indeterminada da cidade de Lugo e o presente.

Lugar de conservación: Museo Diocesano. Lugo.

REF: CPE4