Lares Viais. Aqua Quintina

L(aribus) V(ialibus) P(osuit)

C-O [---]

[----] E

X VOTO

 

Aos Lares Viais, (?) puxo (este monumento) por unha promesa

 

Lugar de conservación: Museo Provincial de Lugo.

Material: Granito groso. Medidas: 66x26x22

Presenta tres foculi no seu parte superior de 5, 6 e 5 cm de diámetro respectivamente e 1,5 de profundidade. O campo epigráfico de 12x23,5 cm presenta unha considerable erosión que impide ofrecer unha lectura de todo o texto. A altura das letras é de 3-4 cm.  Está delimitado por un dobre moldura que continua tamén pola parte traseira.

Foi descuberta por mor da escavación de urxencia levada a cabo no xacemento romano do Pedregal en Quintá de Agrade. Posúe na parte superior tres foculi en liña como o resto deste tipo de dedicatorias aos Lares Viais que eran os deuses dos camiños. É moi típico atopalas en zonas con profunda vinculación con rutas ou vías. Con moitas reservas o nome do dedicante podería ser Cloutius.

 

REF: CPE1