Lares Viais. Belesar

LARI

BVS

VIAL(ibus)

 

Aos Lares Viais

 

Lugar de conservación: Perdida. Material: Granito. Medidas: 45x28. Altura das letras: 6 cm.

Atopada en 1941 na Igrexa de Belesar polo párroco D. José de Castro López. Estivo nesta igrexa cumprindo a función de pila de auga bendita ata que foi adquirida por un anticuario de Barcelona, descoñecese o seu actual paradoiro. A fotografía que se reproduce é a tomada por Vázquez Seijas cando a peza cumpría esta función na igrexa de Belesar.

Lambrino (1964) baseándose no tipo de dedicatoria sitúaa cronoloxicamente nos últimos anos do s. II ou principios do s. III.

É a terceira dedicatoria aos deuses dos camiños atopada nas terras do Condado de Pallares e que salienta a importancia desa vía romana que desde Aqua Quintina (Quintá de Agrade) ía cara a Petín por Castillós precisamente en Belesar onde atopamos os mellores tramos de calzada romana de todo o norte de Gallaecia nos chamados cóbados de Belesar.

REF: CPE8