Miliario Entrambasaugas

M(arco) AVRELIO

[ANTONIN]O

 

Ao emperador Marco Aurelio Antonino...

Lugar de conservación: Museo Provincial de Lugo. Nº orde Epi-21

Material: Granito. Medidas: Ao:1,57; D: 38

Este miliario do emperador Caracalla atópase moi erosionado na súa parte superior, conservando unicamente unha liña do texto e unha letra na seguinte.

Foi atopado sobre 1942 polo médico Pardo Valiña  tumbado á beira dunha pontella na parte traseira da Igrexa de Santiago de Emtrambasaugas no concello de Guntín. No mesmo ano Daniel Vázquez Bruzos transpórtao en carro a Guntín por desexo do propio médico e do cura párroco Gabino Vázquez Mourenza. É probable que a situación orixinaria fose en San Fiz de Ermo onde se localizan ademais as minas de Quintelle e o posible castro do Besgo.