Miliario Retorta

C(aius) CAESAR  DIVI

AVG(usti)  PRONEPOS

AVGVSTVS  PONT(ifex)

MAX(imus) TRIB(unicia) POT(estate) III (teria) CO(n)S(ul) III (tertium) P(ater) P(atriae)

 

Caio César Augusto, biznieto do divino Augusto, Pontífice máximo, investido tres veces da potestade tribunicia, Cónsul por terceira vez, Pai da Patria.

Lugar de conservación: Museo dos Camiños. Astorga. Material: Granito. Medidas: A: 2,28; D: 59. Altura das letras: 7-8.

Reutilizado como columna nun alpendre.

Foi achado nunha leira a 300 m da igrexa parroquial á beira dun camiño que conduce ao centro do pobo.

Pódese datar en primeiros meses do ano 40.

Froito dunha confusión provocada ao non ter en conta o traslado que sufriu o miliario tanto Marcelo Macías (A, B) como Tomás Mañanes sitúano en Rábade.

Diante da igrexa parroquial de S. Román de Retorta existe unha réplica deste miliario realizado a expensas da Exma. Deputación Provincial de Lugo.Servíu de soporte ao tellado da palleira do cura párroco Domingo Penas (casa de Perucho) ata que un día o bispo foi de visita e ao velo mostrouse moi interesado pola súa adquisición, convencendo ao cura que llo cedese. O bispo avisou ao presidente da Deputación, íntimo amigo seu, D. Victorino Sánchez Latas para levar o miliario de San Román. Entre os dous pagaron ao señorito de Remejille para que fixese un monólito exactamente igual ao miliario e poder así substituílo. O gorrión de Gonce levou a columna, púxoa no canto do miliario e trouxo este para Lugo, deixándoo nunha leira de Rábade propiedade do presidente da Deputación. De aquí parte o erro de Mañanes, Macías e Estefanía Álvarez. Posteriormente o bispo é trasladado para León e leva o miliario para o Museo dos Camiños de Astorga onde actualmente se consérva.

REF: CPEM1