Miliario Seteigrexas

[IMP(eratori) CAES(ari) DIVI SEVERI PII FIL(io) DIVI /

MARCI ANTONINI NEP(oti) DIVI

ANTONINI PII /

PRONEP(oti) DI]VI /

[HADRIANI AB]NEPO[TI] [DIVI TRAIANI]  P[AR]THICI /

ET [DIVI] /

NERVAE ADNEPOTI  /

M(arco)  AVRELIO  ANTONIN[O] /

PIO  FELICI  AVG(usto)  PARTHICO [MAX(imo)] /

BRI [T]ANICO  MAX(imo) /

GERMANICO  MAX(imo)  P[ONT(ifice)]/

[M]AX(imo)  TRIB(unicia)  POT(estate) XVII IMP(eratori) /

[III] [C]O(n)S(uli) IIII  P(ater) P(atriae) PROC[O(n)S(uli)] /

LVCO  AVG(usto)  M(ilia)  P(asuum)  XXIIII

 

Ao Cesar Emperador Marco Aurelio Antonino, Pio, Feliz, Augusto, Pártico Máximo, Británico Máximo, Xermánico Máximo, Pontífice Máximo coa potestade tribunicia pola decimoséptima vez, emperador pola terceira, cónsul pola cuarta vez, pai da patria, procónsul, fillo do divino Severo Pio, neto do divino Marco Antonino, bizneto do divino Antonino Pio, tataraneto do divino Adriano e descendente dos divinos Trajano Pártico e Nerva. A Lugo 24 millas.

Lugar de conservación: Facultade de Xeografía e Historia. Claustro. Material: Granito. Medidas: Alt: 120. D: 68. Altura das letras: 7 cm.

Atópase mutilado no seu parte superior polo que se perderon as primeiras liñas. Presenta dous buracos nunha das súas caras debido á súa reutilización como marco de porta.

Provén dunha leira de Seteigrexas e foi reutilizado como lintel dun alpendre. En 1971 foi comprado pola Facultade de Historia da USC a un anticuario de Lugo. Pódese datar no 213 sobre a base da indicación da potestade tribunicia e do cuarto consulado.

No lugar de Fondevila, moi próximo á zona do achado do miliario, apareceu gran cantidade de material romano en superficie como tégulas, ímbrices, fragmentos de ánforas e ladrillos bessales cadrados de 22,5x6,5 cm utilizados especificamente para a construción de pilae de hipocausto  .

Por tanto, é posible pensar na existencia dun asentamento rural romano moi posiblemente vinculado ás actividades comerciais derivadas do paso da propia vía que podería actuar a modo de vicus viarii.

Nas proximidades atópase tamén o castro de Monterroso con abundante material romano en superficie do que proveñen varios exemplares de catillus e un muíño navicular, conservados no museo parroquial de Monterroso.

A uns 150 m do lugar do achado do miliario, na chamada leira do Caracacho, foi exhumada casualmente unha escultura dun cuadrúpedo (berraco?) ao realizar unha gabia de condución de augas. Esta peza gárdase, así mesmo, no citado museo de Monterroso (Gómez Vila, J. 2004, 4).

REF: CPEM3