Navia Arcomunieca

 

NAVIAE

ARCON

VNIECA

E  SVLP(icius)

MAX(imus)

EX VO

TO

 

A Navia Arconunieca, Sulpicius Maximus, por unha promesa.

 

Foi atopada en 1930 por Ramón Castro López no muro da  leira propiedade de D. Luís Arias Pérez en S. Mamede de Lousada, sendo trasladada aquí polos seus antepasados desde outra leira chamada dá Senra situada á beira do castro de época romana de S. Mamede.

Para Melena a deusa Navia non posúe un carácter hidronímico senón mais ben que é a divindade dos vales, dos bosques e dos montes dun xeito parecido á Diana latina, sempre e cando estes accidentes xeográficos tiveran un río.  Dunha opinión totalmente contraria é Fernández-Arbalat para quen Navia esta vinculada ca guerra e cos ríos na súa acepción da auga como acceso o mais alá.

No ara aparecida no Picato (CPE2) dedicada a esta deusa tamén aparece en baixorrelevo o símbolo da lúa.

 REF: CPE3

 

Debuxo de J. L. Fariñas