Temes cristiana

FIDES SPES CARITAS

 

Fe, esperanza, caridade

Lugar de conservación: Igrexa de Temes, muro norte da ábsida. Material: Granito. Medidas: 107x27.

Altura das letras: 12 cm. Decoración: Tabella con bordura funicular.

Foi descuberta en 1974 ao desencalar os muros da igrexa. No mesmo ano tamén foi descuberto no muro esquerdo da nave o epígrafe da consagración do anterior templo prerrománico: SACRATIO TEMPLI II KL / DCBS IN ERA DCCCX / LAIII é dicir, a consagración do templo efectuouse a dous días das calendas de Decembro na era 843 (30 de Novembro do 805).

Nesta igrexa de Temes acháronse outros relevantes restos como un sarcófago paleocristiano, varios capiteis e pilastras, diversos relevos de simboloxía cristiá... analizados por Jaime Delgado (1997) e Caamaño Xesto (1995).  

En 1978 foi descuberto na mesma igrexa un fragmento de ara dedicada aos Lares Viais e máis recentemente outra ara reutilizada como modillón (CPE7) que tamén pode estar dedicada aos mesmos deuses dos camiños.

 Delgado Gómez a data no primeiro terzo do século IV, tanto pola escritura utilizada como por paralelismos con outras pezas aparecidas en Temes.

Ademais dos materiais exhumados nas sondaxes arqueolóxicas levadas a cabo en 1995 na devandita igrexa, comentados no epígrafe seguinte, consérvase incrustado nunha hornacina da parede sur do presbiterio un posible ladrillo romano de 40x30 cm que podería corresponder ao tipo lydium usado habitualmente nas tumbas ou na construción de muros, documentándose tamén o seu achado en Toralla, Roupar, Lugo (Recatelo), Noville, Braga e mesmo en Aqua Quintina (Quintá de Agrade).

REF: CPE5