Castro Candad

Situado nun outeiro pero asolagado polo encoro de Belesar a unha altitude de 349 m puido ter unha poboación durante a época castrexa de 274 habitantes. En épocas de pouco caudal pode verse perfectamente ofrecendo unhas fermosas vistas. Aparece moi transformado debido á construción de socalcos para a produción vinícola. Esta espazo tamén foi ocupado por un castelo quizais pertencente aos condes de Taboada.

Na beira oeste do Miño e a moi pouca distancia do recinto castrexo sitúase o denominado O Castelo (GA27016041), un curuto granítico que puido ser un recinto castrexo por  ter pequeno foxo e terraza, suposto que actualmente non pode confirmarse.