Castro de Guntín

Situado nun rechán na costa de Segade, a carón da N-540 enriba do núcleo de poboación. De feito, no súa zona sur ten dúas edificacións unifamiliares e un camiño de privado de acceso a elas. No centro do recinto ten unha plantación de carballos.

A croa está moi alterada pola construción dun depósito de auga e pola plantación de carballos. Está rodeada polo norte e leste por un considerable terraplén de case 4 m. de altitude e de un posible parapeto.

Un moderno camiño o cruza polo sector nordés nunha zona convertida en prado que tamén afectou bastante as supostas construcións desta zona. o certo e que o xacemento presenta unhas considerables dimensións e ten unha situación dominante sobre o núcleo de Guntín. 

González Reboredo (1971-1972, 40) ofrece a noticia do achado dun vaso cerámico neste castro nunha data difusa: ““El mismo D. Braulio García Zamorano posee un vaso tosco de cerámica, hecho a mano, que procede del castro de San Salvador de Guntín, ayuntamiento del mismo nombre. Fue hallado en fecha imprecisa por un labrador que realizaba sus faenas en el susodicho castro. Tiene forma de tronco de cono invertido y ligeramente abombado. Está elaborado con una masa compacta, llena de impurezas y de tonalidad ocre. Mide 9 cm. de altura, 6,3 cm. de diámetro en la boca y 3,2 cm. en la base. Su conservación es buena”. Actualmente non presenta ningún material arqueolóxico en superficie.