Castro de Castelo

Esta situado nun outeiro de considerables dimensións a 526 m. de altitude y puido ter unha poboación na época castrexa de 340 habitantes.

Actualmente percíbese claramente a estrutura do recinto principal de forma circular case perfecta.  Este esta bordeado por outro recinto denominado “Castro de Abaixo”. O principal, chamado “rebomba do castro”, ten un terraplén de certa entidade mais acusado polo oeste. No sector sur hai varios niveis de terrazas para salvar o desnivel que vai cara ao río. Presenta unha única entrada cara ao leste.

Cada ano na noite do 7 de setembro, véspera das festas patronais, celébrase neste recinto a “queima das fachas”, unha antiga tradición consistente na colocación no perímetro do castro duns fachos que lle prenden lume á entrada da noite. Estes fachos son unhas grandes teas, que poden alcanzar os 8/9 metros de altura, e que están feitas de madeira e agucios. Utilízase como base un tronco delgado e recto e sobre el vanse enlazando os agucios, uns arbustos moi combustibles.